miércoles, 4 de marzo de 2009

a metamorfose


"Unha mañá, ó espertar dun soño desacougante, Gregor Samsa achouse no seu leito transformado nun insecto monstruoso", na mañá de onte os Nautilus de 4º da ESO e de Bacharelato tamén devimos un pouco outros, un pouco bichos. En torno á lectura de Kafka e da súa fantasía entomolóxica, as palabras tamén se metamorfosearon separándonos dunha identidade inxectada polo social. Quenes son os insectos? A quen hai que temer?. Vémonos o próximo xoves.

No hay comentarios: