viernes, 6 de mayo de 2011

After Dark

Decidida a obra de Murakami, After Dark, narra a historia de Mari Asai, unha moza de dezanove anos que debido a certos problemas na súa casa, decidiu pasar a noite fóra sen durmir. A historia desenvólvese nunha soa noite e o número de cada capítulo está acompañado dun reloxo que nos vai mostrando a hora na que nos atopamos e como van avanzando as horas. Mari coñece a Takahashi, un músico de Jazz, nun restaurante mentres cea e le un libro. A medida que avanza a conversación, Takahashi coméntalle que xa se coñecían anteriormente grazas á irmá de Mari, Eri Asai da cal el había estado namorado no instituto. Eri é modelo de revistas e tivo unha vida colmada de éxitos, o que sumiu á súa irmá nos seus estudos universitarios de ligüística chinesa para destacar e chamar a atención dos seus pais. Grazas a Takahashi, Mari coñece a Kaoru ?empregada dun love-ho (hoteis de citas xaponeses)?cando esta acode ao restaurante para ver se pode facerlle de intérprete cunha moza chinesa que sufriu a agresión dun cliente. E así, aos poucos a trama vaise enredando mentres imos coñecendo mellor aos personaxes.

No hay comentarios: