miércoles, 10 de abril de 2013

Wilt





A vida de Henry Wilt é calquera cousa menos estimulante. Traballa como profesor auxiliar nunha escola politécnica, tratando de ensinar literatura a alumnos absolutamente desmotivados. Os seus superiores postergan, unha e outra vez, o ansiado ascenso. E, para colmo, a súa vida matrimonial é un fracaso. A súa muller, Eva, compensa a súa insatisfacción entregándose á práctica do yoga, a meditación transcendental ou as máis peregrinas actividades impostas pola moda.
Wilt fantasea co asasinato da súa esposa. Cando ésta desaparece de xeito misterioso, o protagonista convírtese no principal sospeitoso.
  Tom Sharpe publicou esta novela en 1976. Responde ao estilo de demoledor humorismo do autor, que dinamita as estruturas da sociedade burguesa contemporánea cunha mirada corrosiva sobre a realidade. Sharpe é un autor moi popular en todo o mundo e o personaxe de Wilt, un dos  máis emblemáticos do seu autor, con varias secuelas que gozaron de grande éxito.
Lembrade: o vindeiro xoves 11 de abril, reunímonos na biblioteca durante o recreo para comentar esta obra.

No hay comentarios: