lunes, 15 de diciembre de 2014

A METAMORFOSE, Franz Kafka

Unha mañá, ó espertar dun soño desacougante, Gregor Samsa achouse no seu leito transformado nun insecto monstruoso. No recreo do próximo xoves, os  Nautilus de  ESO e de Bacharelato seguro que seremos un pouco outros, un pouco bichos. En torno á lectura de Kafka e da súa fantasía entomolóxica, as palabras tamén se metamorfosearán separándonos dunha identidade inxectada polo social. Quenes son os insectos? A quen hai que temer? O xoves comeza a nosa particular metamorfose.

No hay comentarios: