Intrigadísimos están os nosos alumnos de 2º co libro, Al otro lado del estrecho, Nicole Boumaâza.
"O pai de Nadia leva moitos anos en paro. Non quere volver a Marrocos e tampouco logra adaptarse aos costumes europeos a pesar de que alí formou unha familia. Por iso. cando a súa muller decide divorciarse, aproveita as vacacións para levar os nenos á súa terra, e afastalos así da súa nai. Pero a eles non lles gusta a nova vida no campo: senten estranxeiros e botan de menos a súa antiga vida."
Un retrato realista e tolerante dos problemas que expón a inmigración e a procura da identidade cultural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario