O mércores 17 de abril proxectouse, dentro da programación
de “Cine na Biblioteca” a fita de Howard Hawks Luna nueva (1941), unha divertidísima comedia ambientada no mundo
do xornalismo.
Hawks adaptou nesta película a peza teatral de Ben Hetch e Charles
McArthur The Front Page, que xa fora
levada á pantalla en 1931 por Lewis Milestone. Sen embargo, Luna nueva aporta unha visión distinta desta
obra ao converter en muller ao personaxe principal (na película interpretado
por unha xenial Rosalind Russell) e converter unha comedia sobre os límites da
moralidade xornalística nunha auténtica guerra de sexos, terreo no que Howard
Hawks se movia como peixe na auga. Anos despois, Billy Wilder elaborou unha
nova versión co título de Primera plana,
con Jack Lemmon e Walter Matthau como protagonistas.
Luna nueva é unha
comedia de ritmo vertixinoso, con rapidísimos diálogos que non dan respiro ao
espectador. Un prodixio de fluidez dirixido con man experta por quen foi un dos
máis destacados directores do Hollywood clásico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario