En 1954, unha adolescente chamada
Françoise Quoirez publicaba, baixo o pseudónimo proustiano de
Françoise Sagan, a súa primeira novela: Bonjour, tristesse.
Nela, unha rapaza de dezasete anos,
trasunto da autora, narra en primeira persoa os aconteceres dun
lánguido verán pasado na compaña do seu pai viúvo nunha vila
costeira do Mediterráneo. Cécile vese na tesitura de ter que
compartir ao seu proxenitor, un donxoán empedernido que se preza de
bon vivant, con dúas mulleres: Elsa, a amante que o pai ten
en ese momento, e Anne, unha antiga amiga da súa finada nai. Esta
última resulta ser unha muller refinada, elegante e manipuladora que
pretende controlar de xeito decisivo todos os aspectos da vida de
Cécile.
Bonjour tristesse é unha novela
luminosa, con moito de autobiográfico, escrita por unha muller que
tratou de exprimir a vida ao máximo ata o último instante. Tras
unha vida de luxo e desenfreo, de amoríos, alcohol e drogas, unha
embolia pulmonar acabou coa vida de Françoise Sagan no 2004. Tras de
si deixou unha obra literaria e cinematográfica breve pero intensa
que a sitúa nun posto moi destacado da cultura francesa do século
XX.
O xoves 20 de xuño o Nautilus
mergúllase por derradeira vez
este curso para abordar o comentario desta novela. Coma sempre,
vémonos na biblioteca durante o recreo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario