A Guerra Civil truncou
a súa carreira, levándoo ao exilio en Arxentina, no que desenvolveu
unha dramaturxia continuísta co seu traballo de preguerra,
absolutamente descontextualizada. Non regresará a España ata a
década dos sesenta, sendo acollido con afecto e interese polos
espectadores. Unha parte da crítica, sen embargo, acusou o seu
teatro de escapismo, de afastamento da realidade sociohistórica de
España, de estancamento estético fronte ás novidades formais que
se viñan consolidando nos escenarios desde o final da guerra.
Alejandro Casona
consideraba La dama del alba como a mellor das súas
creacións. Trátase dun drama poético, ambientado na Asturias natal
do autor, na que a morte, personificada na figura dunha fermosa
muller, actúa beneficamente para restituír o equilibrio nunha
familia humilde rota pola traxedia. O próximo mércores 2 de maio o
Club de Lectura Nautilus reunirase, como sempre, no recreo,
para falar sobre esta obra, que algúns poñen en relación co mundo
poético e mítico de Federico García Lorca.
No ano 1989, Gustavo
Pérez Puig dirixiu para o programa Primera Función, de TVE,
unha adaptación filmada da obra, que poderemos ver, dentro do ciclo
de Cine na Biblioteca o mércores 9 de maio a partir das catro da
tarde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario