O xoves 14 de febreiro comezou o ciclo
de cine na biblioteca coa proxección da versión que para o programa
Estudio 1 dirixiu Gustavo Pérez Puig da obra de Jardiel Poncela
Cuatro corazones con freno y marcha atrás.
Nesta peza, unha das máis
representadas do seu autor, Jardiel leva ao seu extremo a exploración
do mundo do inverosímil, moi presente en toda a súa produción, ao
presentarnos a un grupo de personaxes que teñen que enfrontarse ás
consecuencias da súa decisión de ser inmortais, cos enrededos que
isto supón.
Trátase dunha obra chea de frases
inxeniosas, situacións extravagantes, diálogos chispeantes e
personaxes pintorescos, rasgos todos eles dunha dramaturxia que, por
orixinal e rompedora, non foi demasiado ben entendida no seu tempo.
Jardiel Poncela mantivo unha guerra continua coa censura e a crítica,
que vía na súa obra un ataque á concepción tradicional da escena
cómica, dominada a principios do século XX pola sátira
costumbrista e a amabilidade da comedia burguesa benaventina. De
feito, tras unha época de certo éxito e, incluso, unha etapa como
guionista en Hollywood, Jardiel acabou os seus días arruinado e
olvidado.
Na actualidade, é considerado como un
dos dramaturgos máis renovadores do seu tempo e as súas obras están
volvendo a representarse con regularidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario