Unha
tormenta exhuma os restos dun cadáver en Finca Vigía, a propiedade
de Ernest Hemingway en San Francisco de Paula, Cuba. Nas proximidades
do corpo, aparece unha identificación do FBI. As autoridades cubanas
deciden encargarlle o caso a Mario Conde, un antigo inspector de
policía, agora dedicado á compravenda de libros de ocasión. Pouco
a pouco, o detective vai tirando do fío e desentrañando un embrollo
no que o propio Hemingway parece estar directamente implicado.
Con Adiós
Hemingway, o xornalista hispanocubano Leonardo Padura ofrece unha
nova mostra de novela negra, dando fin (quen sabe se definitivo) á
serie de relatos protagonizados polo investigador Mario Conde, nos
que aporta unha visión realista e crítica da realidade cubana
contemporánea.
Neste
relato, estruturado en dous planos narrativos paralelos, Padura
esboza un retrato amargo da figura de Hemingway, desmitificando ao
home de acción, corresponsal de guerra, boxeador e afeccionado aos
toros e á caza maior, ao presentalo como un ancián prematuro
debilitado polo alcohol e a enfermidade.
Falaremos
desta novela na reunión do próximo 20 de xuño, como sempre na
biblioteca durante o recreo. A semana anterior, o mércores 13 de
xuño, proxectaremos a película Tener y no tener, dirixida en
1944 por Howard Hawks, adaptación da obra do mesmo título de Ernest
Hemingway.
No hay comentarios:
Publicar un comentario